Historia
A Asociación Cultural Monte da Estrela, nace no verán de 2008 para contribuir a sensibilizar sobre a importancia da protección, conservación e difusión do Patrimonio Cultural Galego.
Entre os froitos do noso traballo contamos:
- A recuperación da Romería do Monte da Estrela (Monteagudo) que agora celébrase cada ano, logo de arredor de medio século esquecida.
- A musealización do Petroglifo de Borroa no Museo Provincial da Coruña (Castelo de San Antón).
Asímesmo instauramos as Xornadas de Patrimonio Cultural Local de outono, co fin de achegar o tema ao público non especializado, cumprindo así uns dos principais obxetivos da asociación, que son a divulgación e concienciación cara a protección do noso legado cultural.
Neste mesmo senso, pero centrándonos nos máis pequechos, as Unidades Didácticas levadas a cabo no CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo permitíronnos desenvolver actividades en materia de sensibilización dende as idades máis cedas, obtendo resultados moi positivos. Un feito que ven a demostrar a importancia da educación para xeracións mellor concienciadas na defensa do Patrimonio Cultural.
As camiñadas e roteiros son outro dos nosos puntos fortes polo interese que temos en ofrecer a posibilidade de descubrir a riqueza cultural do noso país, sempre da mán dos que mellor o coñecen.
Ao mesmo tempo, ao longo do ano sempre se realizan actos a maiores, como poden ser presentacións (de libros, proxectos, etc), palestras, visitas guiadas, etc.
Na actualidade, no verán de 2011, renóvase a Xunta Directiva Fundacional, dando paso así a consolidación e madurez deste proxecto cultural, a Asociación Cultural Monte da Estrela.





