Rota Borneiro

Data: 
Sab, 28/01/2012

Número de Lugares: 30

Prazo de inscrición: até o 26 de xaneiro

Prezo do ómnibos: Socios 8€ / Non Socios 12€

Comida: levar xantar

Material: Botas de montaña e chuvasqueiro

Datos técnicos:

Dificuldade: Media

Distancia: 14 Quilómetros.

Duración: 5 horas

Programación:

8:30 Saída, da paraxe de ómnibus, situada no centro de Arteixo (dirección coruña).

10:00 Comezo da rota coa visita Á Cidá de Borneiro

14:30 Xantar

17:00 Regreso para Arteixo

Para se inscrever na actividade envíe un correio ao enderezo direccion@montedaestrela.org, cómpre realizar o ingreso pola cuantía correspondente na seguinte conta:

 Novacaixagalicia   -  Número de conta: 2091 0014 92 3000179557

Cando fixer o ingreso debe especificar, obrigatoriamente, o nome da persoa e incluír o número de telefone.

A adxudicación de lugares, como é obvio, farase por estrita orde de recepción do ingreso. Por tanto, débese realizar só un ingreso por persoa.

No caso de non restaren lugares, comunicaráselle a persoa e devolveráselle o importe.

Se tiveres algunha dúbida ou pergunta, non dubides en contactares connosco, no enderezo dirección@montedaestrela.org

Outras cuestións:

-A dirección da asociación cultural, poderá mudar algunhas das actividades programadas, cando as circunstancias o requeriren.

-Cando unha persoa inscrita nesta actividade, se quixer dar de baixa, deberá comunicalo dous días antes da realización da mesma.

-Caso contrario, seralle reintegrado o importe do pagamento realizado, salvo a parte correspondente aos gastos ocasionados á Asociación.

Asociacion Cultural Monte da Estrela
AnexoTamaño
Datos - Borneiro.pdf27.29 KB
Cartaz Borneiro.pdf3.91 MB